Evolución da vexetación mundial desde o CPI dos Dices ( Rois)

Martín Eduardo, Lara Vidal e Estela Otero, publican no blog de Climántica do CPI dos Dices un interesante recurso :

Un equipo de científicos de Arxentina e Estados Unidos creou un método que permite coñecer a densidade da vexetación no pasado a través dos rexistros fósiles. De momento, aplicárono na Patagonia para coñecer as variacións que sufriu esta rexión xeográfica de Sudamérica ao longo de 38 millóns de anos. Os datos que manexan teñen en conta os cambios climáticos de épocas pretéritas e as diferentes formas dos dentes dos animais herbívoros do pasado.
Normalmente, os biólogos miden a densidade da vexetación a través do índice de área foliar ou LIA (do inglés Leaf Area Index), que estima a superficie que ocupan as follas das plantas en relación coa área de terreo no que se asintan.

Parabéns!!


 


Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta