O Cumio de Lima segundo os alumnos

Seguindo coa idea de compartir recursos propios, hoxe traemos a información publicada por un alumno do IES Francisco Asorey en Cambados sobre o Cumio de Limia.

Que tal si deixades o link dos mellores post dos vosos alumnos nos comentarios do Blogue Guía. Así é máis fácil compartilos.

Parabéns ao alumno e ao seu profesor!!

Mentres en Filipinas o terceiro tifón consecutivo despraza un millón de persoas, as negociacións no Vixésimo Cumio da ONU sobre Cambio Climático (COP20 polas súas siglas en inglés) avanzan con lentitude e “moderado” optimismo na redución de emisións. E estáncanse no financiamento da adaptación ao cambio climático dos países en desenvolvemento.

Dende o 1 de decembro, delegados de 195 países negocian en Lima dous textos. Por unha banda, o borrador de acordo climático global que deberá ser aprobado en París na COP21, e por outra, a estrutura dos compromisos contra o cambio climático que cada país debe presentar á ONU antes do fin do primeiro trimestre de 2015. Se non se logran consensos en Lima en ambas as dúas metas, dificilmente se logrará un acordo vinculante en París.

Christiana Figueres, Secretaria Executiva da COP, e Manuel Pulgar Vidal, Ministro de Medioambiente de Perú, describiron onte o clima das negociacións como de confianza e optimismo, un halo que bautizaron como “o espírito de Lima”. Se se checgara a un acordo, este ratificaríase o venres 12, data na que culmina o cumio despois das negociacións de alto nivel entre Xefes de Estado e ministros.

Non obstante, os compromisos -aínda que insuficientes e non vinculantes -de xigantes contaminantes como USA e China, de reducir as súas emisións por primeira vez na súa historia, non auguran nada bo.

Ante as arduas negociacións, os esforzos da Unión Europea concéntranse en pechar en Lima a estrutura das contribucións dos países e seguir traballando o borrador de acordo climático global ao longo de 2015. Respecto ás contribucións, a UE ratificou onte a súa vontade de que só inclúan metas de redución de emisións e exclúan o financiamento e a adaptación ao cambio climático, negociacións clave para países como o anfitrión, o terceiro máis afectado do mundo polo cambio climático.

Ao respecto, en declaracións ao MUNDO, o Secretario de Estado de Medioambiente Español, Federico Ramos, opinou en Lima que a redución de emisións é unha materia clara e cuantificable e debe distinguirse de “outras patas” como o financiamento e a adaptación. Ramos espera longas negociacións e noites sen durmir para lograr consensos na COP20 este venres, día límite para que o planeta logre un acordo para a súa supervivencia.

Ata agora o único instrumento para a adaptación ao cambio climático dos países en desenvolvemento é o Fondo Verde, que á data conta con promesas de achegas que suman preto de 8.000 millóns de euros, un importe que contrasta cos 80.000 millóns aos que se comprometeran as partes.

A Sociedade Civil na COP20 esixiu aos países desenvolvidos achegar ao fondo en función das súas emisións, polo que USA debería achegar un 58% e a UE un 22% dos fondos de adaptación.

Mentres estas discusións teñen lugar na pequena cidade levantada para albergar a COP20, no centro de Lima,comezou onte o Cumio Dos Pobos, que busca dirixir a atención das negociacións cara aos grandes afectados polo cambio climático: pequenos agricultores, mulleres e pobos indíxenas.


Autor: Xacobo Piñeiro

 

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta