COP20

A XX Conferencia Internacional sobre Cambio Climático ou vixésima Conferencia das Partes (COP 20) acaba de terminar en Lima.

Con duras negociacións entre países, a última hora púdose consensuar unha serie de requisitos das nacións a partir do documento final do Cumio de Lima (en inglés) que convoca aos países participantes a establecer   compromisos individuais para loitar contra  o quentamento  global ante a ONU antes do 1 de octubre do 2015.Un camiño aberto ate o Cumio de  París no  2015 onde se firmará un novo pacto global para sustituir ao Protocolo de Kioto.

O obxectivo a longo, e non tan longo prazo e evitar o aquecemento global traballando en varios frentes: frenar a deforestación, aumentar o uso e desenvolvemento de enerxías limpas  e reduicir o consumo de combustibles fósiles.

Un tema que enfrenta aos países en vías de desenvolvemento, máis vulnerables aos efectos do Cambio Climático  cos países ricos, con maior responsabilidade nas causas, pero que non están dispostos a ofrecerlles axudas para enfrentarse as consecuencias nos países probes.

No texto final, incluénse algunhas destas reclamacións que, de seguro, abren o camiño para desenvolver un interesante debate nas aulas e nos blogues de Climántica. Deixámovos algunhas das propostas:

  • Recoñecer que hai responsabilidades diferentes segundo os países,  na emisión de gases de efecto invernadero.
  • Incluir referencias á financiación das axudas das nacións ricas aos países menos desenvolvidos  para enfrentarse aos efectos do cambio climático.
  • O texto final inclué as referencias de Filipinas, Uganda, Nicaragua, Pakistán e outros países africanos  que esixen que as axudas económicas dos países ricos se destinen aos países que sufren pérdidas e danos debido ao cambio climático.

En resumo, un documento que pode crear distintos debates.

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático. Garda o enlace permanente.