Día Mundial do SIDA

Celebramos este  do mellor xeito posible: reslatando o labor nas aulas en prol do control de esta enfermedade que, “relegada da fama” por outros virus, sigue  latendo.

Trasladamos a publicación dun alumno de 1º de Bacaharelato do IES Francisco Asorey en Cambados, Miguel Otero, sobre un proxecto de investigación relacionado co VIH.

A Organización Nacional de Transplantes (ONT) e a Sociedade Española de Hematoloxía e Hemoterapia (SEHH), puxo en marcha un proxecto para a posible eliminación do VIH en persoas infectadas que teñan un cáncer hematolóxico, nas que estean obrigadas a recibir un transplante.

A orixe da idea está nun home de Barcelona de 37 anos que recibiu experimentalmente este tratamento. Algunhas fontes din que o paciente tiña  un linfoma agresivo, ademais do VIH”. Tras o transplante analizouse semanalmente a presenza do virus no organismo durante os tres meses que sobreviviu ao linfoma. E na última das probas o virus xa non era existente, xa que se puido observar ex vivo (en células do paciente) que estaban protexidas ante o VIH, porque non estaban infectadas cando se expoñían ao patóxeno. Por desgraza o paciente non sobreviviu e non se puido continuar investigando.

Rafael Matesanz, director de la ONT, di que a posible solución sería en buscar nos bancos de cordón umbilical, na que as mostras sexan da maior calidade e que ademais posúan unha mutación no receptor CCR5. Esta proteína é unha das fechaduras dos linfocitos que abre o VIH para infectalos, explica un científico dun centro especializado no tratamento do VIH.

O proxecto parte da idea de aproveitar os bancos de sangue do cordón umbilical de España. O país almacenará 60.000 unidades, das que se seleccionarán 22.800 das mellores, ás que teñan maior número de células e se buscará cales teñen a mutación nas dúas copias do ADN (a paterna e a materna). Calcúlase que esta variación dáse nun 1% dos europeos, polo que se encontrarón 250 unidades axeitadas. Estas reservaranse para os casos de comorbilidade (infección por VIH máis cancro hematolóxico agudo). Este método non se poderá utilizar na poboación xeral con VIH. O tratamento só sirve para algúns subtipos de VIH; os que usan o receptor CCR5. Probouse nalgúns tipos de VIH que conteñen outros receptores, pero non funcionou. E non só será para España senón que o estudio estará enfocado a disposición de calquera centro que teña pacientes que sufran estas condicións.

 

O descubrimento quere ir máis aló do número reducido das persoas que se poden beneficiar da cura do VIH. Tamén será unha oportunidade para estudar a fondo como actúa o CCR5, e ver se hai outros métodos menos agresivos de introducir esa mutación ou imitar os seus efectos para eliminar o virus do corpo dos infectados.

Autor: Miguel Otero Paz

Non vos perdades os comentarios!!

Esta entrada foi publicada en Vivir máis, vivir mellor e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta