Climántica Intercambio

Climántica Intercambio abre unha nova dimensión ao concepto pedagóxico de Climántica. o proxecto, que foi presentado no XXVII Congreso de Ensinantes de Ciencias de Galicia,   vivir, coñecer e compartir os aspectos claves  para a mitigación e adaptación ao cambio climático , mediante intercambios de Educación Ambiental e Científica entre comunidades autónomas e países implicados no proxecto Climántica.

Os intercambios se desenvolverán en contextos ambientais que destaquen por ser recursos de calidade para a consecución dos obxectivos do proxecto e cos datos obtidos nos intercambios de cada curso académico, e feitos polos alumnos, alimentarase  un Congreso Xuvenil Virtual Internacional que    permitirá que os alumnos autores de traballos individuais máis destacados teñan acceso a un campus xuvenil internacional.

Este curso 2014/2015  está programado para desenvolverse entre o 25 ao 30 de xuño no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM).

Os docentes  que orienten traballos gañadores , conseguirán unha praza no seminario docente que se desenvolve rá de forma simultánea ao campus dos alumnos e recibirán o recoñecemento por parte do Ministerio de Educación de 50 horas de formación a través do convenio de formación do profesorado coa Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra (AEPECT). o

Xa podedes coñecer no site principal a  primeira experiencia piloto, que consistíu  nun intercambio entre Galicia e Canarias.

Cada curso académico, poderá  incorporarse  unha nova rexión climática diferente. Todos os centros interesados en liderar un núcleo de intercambio ou ben en incorporarse a núcleos xa constituídos, poden solicitalo enviado un correo electrónico a climantica@climantica.org.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Climántica Intercambio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta