O cambio climático ameaza con impactos irreversibles

Este é o impactante título dun artigo do xornal El País publicado o 2 de novembro.

No texto presentan  os resultados do 5º Informe de Avaliación do IPCC onde se mostra que o quentamento é un fenómeno  global cuios efectos están a afectar a todo o planeta e incide no consenso científico sobre a orixe antropoxénico do mesmo.

Ainda que o cambio é global, son as zonas menos desenvolvidas onde o impacto é maior.

O informe de síntesis 2014 do IPCC foi presentado o pasado fin de semana en Copenhague,  e nas 116 páxinas que o compoñen, resume as conclusións do Quinto Informe de Evaluación (AR5, polas súas siglas en inglés) do IPCC. O informe condensa o traballo de   830 científicos e é un documento excelente para utilizar nas aulas de Climántica.

Thomas Stocker, copresidente do Grupo de traballo I do IPCC, preesntou o informe con estas palabras” A nosa avaliación conclúe que a atmosfera e o océano téñense quentado , os volúmenes de neve e xelo  disminuido, e o nivel do mar elevouse, asi como as  concentracións de dióxido de carbono  até niveis sin precedentes desde fai, polo menos, 800 000 anos”

Ainda así mandan unha mensaxe de esperanza a través de palabras como as do presidente do IPCC R.K. Pachauri:

“As solucións son moitas e permiten o continuo desenvolvemento económico humano. Todo o que necesitamos é vontade de cambio, e confiamos en que esa vontade esté motivada polo coñecemento e a comprensión da ciencia do cambio climático”.

E en eso estamos desde a comunidade Climántica. Grazas polo voso labor!!

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta