Cambio Climático

Unha excelente actividade desde o blog do IES Salvaterra de Miño en Pontevedra.

Sen dúbida é este o principal problema ambiental co que nos atopamos na actualidade…

imagen

O uso que facemos da natureza é a causante deste cambio que ameaza a supervivencia do mundo tal e como ocoñecemos; somos os causantes, e polo tanto, somos tamén os responsables de atopar unha solución…
Os científicos advírtennos que o cambio climático non soamente supón unha pouca máis de calor e unhas cantas tormentas. Sen esaxerar: a nosa *supervivencia* periga!!. Esta é unha loita para salvar o mundo.

A nosa biosfera atópase nun equilibrio delicado. Se a quentamos un pouco, existen mecanismos que fan que o cambio climático se retroaliménte. O quecemento global derrite o xeo do Ártico que reflicte, coma se tratásese dun espello, a luz do sol, o que significa maior quecemento que, á súa vez, produce maiores desxeos. Estes círculos viciosos xa comezaron, e estánse achegando a puntos de inflexión onde actuarán de forma descontrolada, pondo en perigo todo o que amamos.

A ONU sabe o que está a pasar, por iso convocou un cume de emerxencia en Nova York para que os líderes mundiais discutan próximos pasos Cumio sobre o clima setembro 2014 . New York . Pero os nosos líderes son políticos, non científicos, e só responden cando hai unha potente presión cidadá.

O triángulo CIENCIA-TECNOLOXÍA-SOCIEDADE teñen moito que ver nas causas e nas posibles solucións. Podrías comentar por que?

imagen

Aquí tes varias páxinas para buscar información.

Páxina oficial do IPCC

Páxina con información en castelán: cambio climático globa, e cambioclimatico.org

Efectos do Cambio Climático na flora e fauna na península ibérica en distintos escenarios.

Conferencia de James Lovelock en Santiago de Compostela. (A Conferencia empeza no minuto 14:00)

Esta entrada foi publicada en Axenda, Biblioteca de actividades, Cambio climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta