Revista A Buxaina no IES Francisco Asorey de Cambados

A Buxaina é a revista dixital dos Departamentos de Ciencias do IES Francisco Asorey de Cambados da que xa algunha vez falamos neste blog e que se presentou nalgúns dos Congresos de Climántica.

Este ano, o blog de  Ciencias para o Mundo Contemporáneo de Climántica  ( no centro teñen outro blog do proxecto para a ESO), incorpora unha categoría “Propostas Buxaina”, que alberga distintas propostas de temas científicos para publicar artigos na revista.

Unha iniciativa que vos animamos a seguir,para optimizar didácticamente os blogs e , como sempre, quedamos á espera dos vosos comentarios para que compartades as vosas actividades.

*  Se a algún profesor lle interesa crear unha revista dixital semellante, desde o IES Francisco Asorey ofrécense para axudalo.  Podedes contactar desde os comentarios deste mesmo post. Grazas compañeiros do Asorey, esto sí que é unha comundade de aprendizaxe!!

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Revista A Buxaina no IES Francisco Asorey de Cambados

  1. Victor di:

    Se a algún profesor lle interesa o tema da creación dunha revista dixital semellante, pode poñerse en contacto con nos.
    Saúdos

Deixa unha resposta