Climate Change Marches Around the World

Benvidos e benvidas ao curso 2014-2015 nos blogs de Climántica!

Para comenzar, non podemos deixar de plasmar nos nosos blogs a iniciativa  Climate Marches Around the World, unha serie de marchas populares que se celebraron ne todo o mundo na  antesala da cumbre da ONU que  prepara o camiño para  a  Conferencia sobre o Clima de París de 2015.

Con dados tan escalofriantes como que o verán do 2014 ten sido o máis quente rexistrado no  planeta , certificado pola  Administración Oceánica e Atmosférica Norteamericana (NOAA), parece que  a sociedade vai tomando conciencia da magnitude do problema.

Con este obxectivo,  aquí estamos un ano máis para animarvos na difícil tarefa de educar para a sostibilidade e concienciar sobre a problemática do Cambio Climático nas aulas.

Como imaxe, deixamos esta instantánea recollida por CBS News  onte na marcha popular en NY. Podemos ver en primeiro plano á primatoloxista Jane Goodall,  o ex Vicepresidente  e activista ambiental Al Gore,  a  Bill deBlasio, alcalde de NY e ao Secretario Xeral  da ONU Ban Ki-Moon, que afirmou: “This is the planet where our subsequent generations will live. There is no ‘Plan B,’ because we do not have ‘Planet B.”

Esta entrada foi publicada en A aldea global, Cambio climático. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Climate Change Marches Around the World

  1. Victor di:

    Seguimos un ano máis. Unha aperta Susana.

Deixa unha resposta