Bacteria contra o quentamento global

Desde o IES Francisco Asorey de Cambados unha boa noticia. Non vos perdades os comentarios do post.

Segundo unha investigación da Universidade de East Angli, en Inglaterra, unha bacteria chamada ‘Methylocella silvestris’ que pode medrar no metano e no propano do gas natural, podería absorber as emisións de gases con orixe natural ou humana antes de liberarse á atmósfera e provocar o quentamento global.

Anteriormente, pensábase que eran diferentes tipos de bacterias os que se encargaban de metabolizar o metano e o propano, polo tanto, este novo descubrimento é importante porque un tipo de bacterias pode limpar os compoñentes do gas natural de forma eficiente e reducir a contaminación.

Un dos investigadores da universidade indica que “o gas natural de fontes xeolóxicas contén metano, así como grandes cantidades de etano, propano e butano. Demostramos que un microbio pode medrar tanto no metano coma no propano a unha velocidade simellante, porque que contén dous sistemas de enzimas que emprega para aproveitar ambos gases á vez”. Segundo el, isto é moi importante para os entornos expostos ó gas natural xa que estes microbios poden ter moita importancia na moderación dos efectos dos gases que cheguen á atmosfera.

“O metano é un gas potente de efecto invernadoiro que se libera de fontes naturais, como os humedais, a xestión de residuos e as industrias de pretróleo e gas. A nivel mundial, estimase que máis da metade das emisións son artificiais”, apunta. “O efecto do metano no quentamento global é máis de vinte veces superior ó do dióxido de carbono en cen anos. Por iso é moi importante que entendamos como se pode eliminar biolóxicamente no medio ambiente antes de que se libere á atmosfera”.

Autora: Laura Paz Chaves

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Os mellores post de alumnos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta