Climas inéditos como consecuencia do Cambio Climático

Xa fai un tempo que non traemos á prensa ó blog, ainda coa certeza de que se trata de   un recurso que posibilita a globalización e a interdisciplinariedade dunha forma natural e motivadora para os alumnos e os profesores.

Unha ferramenta imprescindible na educación ambiental sobre o Cambio Climático e do que fan uso habitualmente os alumnos e alumnas editoras nos blogs de Climántica.

Nesta ocasión citamos un interesante artigo de “La  Voz de Galicia” que seguro dará moito xogo nas vosas aulas: “Surgirán climas inéditos como consecuencia del Cambio Climático”.

O artigo parte dun estudo publicado en Science e liderado por Miguel Araújo, investigador do Museo Nacional de Ciencias Naturaiss (CSIC) e catedrático de Bioxeografía Integrativa do Imperial College de Londres e aborda as consecuencias do quentamento global nos trópicos. Un tema apaixoante que pode abordarse desde distintas perspectivas didácticas e que axudará a desterrar á imaxe do desxeo dos polos como única “fotografía do Cambio Climático” para os rapaces e rapazas .

Animádevos a utilizalo nos blogues e contádenos as experiencias que surxen!!

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/05/01/surgiran-climas-ineditos-consecuencia-cambio-climatico/00031398968573930479588.htm

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Obradoiro de prensa e audiovisuais. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta