Calíope, desde o IES Francisco Asorey

 

Un excelente post de Santiago Escudeiro, un alumno do IES Francisco Asorey . Non vos perdades os comentarios!

A contaminación do aire é un tema de actualidade, xa que está afectando de forma grave en moitas cidades industrializadas: dende as máis grandes no terreo europeo ou americano, pasando polas novas potencias mundiais de Asia, ata as cidades do contorno máis próximo a nós mesmos.

A elevada presenza de algúns gases está complicando a vida de moitos organismos, incluídos nos mesmos, os humanos. Os causantes desta elevada cantidade de gases contaminantes somos os humanos, que coa actividade industrial e os gases emitidos polos vehículos nos que nos desprazamos, estamos contaminando gravemente o aire.

Investigadores do Barcelona Supercomputing Center -Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS)-, desenvolveron unha aplicación para smartphones coa que podemos coñecer a calidade do aire e o seu prognóstico a 12 horas vista en diferentes lugares da xeografía española. Esta aplicación, chamada CALIOPE, en referencia ao sistema de prognóstico de calidade do aire que leva o mismo nome, non fai máis que achegar uns datos que se actualizan continuamente, aos cales todos podemos acceder en internet, pero que desta forma terémolos de forma sinxela nas nosas mans.

Grazas a esta aplicación, con só un par de toques de dedos no noso smartphone, obteremos a información do aire do lugar da xeografía española que nos interese.

 

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos, Sabías que?. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta