Construindo cidades verdes co videoxogo CLMTK

Hoxe se celebra o Día Mundial da Terra, este ano baixo o lema “Cidades Verdes”

Segundo a ONU, en dúas décadas, máis do 60% da poboación mundial vivirá en cidades, onde aos prtoblemas xerados pola  urbanización, rede de transportes , demanda de agua, consumo enerxético etc. se suman os efectos do Cambio Climático. Unha realidade que necesita de accións urxentes dirixidas ao desenvolvemento sustentable dos núcleos urbáns e que a ONU anim a desenvolver nos dous anos que dura a campaña.

Para comenzar a sensibilizar aos rapaces sobre esta realidade  animámosvos a que constrúan a sua propia “cidade verde” co videoxogo  CLMTK e a mostren nas páxinas de Green Cities Campaign , unha iniciativa da Rede do Día da Terra.

Na mesma paxina podedes atopar un bo número de excelentes recursos sobre transporte, edificios verdes, enerxía limpia e sobre a propia campaña.

Esta entrada foi publicada en Día de .... Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta