Nas vacacións de Páscoa, imos de viaxe polos blogs de Climántica

Aproveitando o tempo de vacacións convidámosvos a desenvolver unha tarefa simple:

Marcar como tarefa de aula para CMC na Semana Santa  a elección dos tres post más interesantes, por temas, que se teñan publicado nos outros blogs de Cñlimántica e referencialos nun post do blog de aula.

Con un doble obxectivo:

– Fomentar a aprendizaxe colaborativa a través dos traballos dos compañeiros da comunidade de blogs de Climántica.

– Desenvolver o sentido crítico e a autoavaliación e  a coavaliación analizando os traballos doutros compañeiros.

Sempre cumplindo coas normas de netetiqueta e deixando  comentarios e parabéns no post que máis lle gusten.

Por último, agradecemos que nos deixedes nos comentarios deste post as vosas publicacións.

Boas e felices vacacións!!

 

Esta entrada foi publicada en Axenda, Os mellores post de alumnos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta