Saúde e Cambio Climático

No Día Mundial da Saúde: pequenas picaduras, grandes ameazas, este ano centrado nos vectores, un tema recurrente nos blogs de Ciencias para o Mundo Contemporáneo,  recurrimos ao centro de prensa da ONU para comprender os efectos do Cambio Climático na saúde humana , un tema relevante nos blogs de aula de Climántica.

Como recurso deixamos a interesante publicación “El  Atlas del clima y la salud” publicado conxuntamente pola Organización Mundial da Saúde e a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), que reflexa como a  variabilidade climática e os  fenómenos extremos como inundacións, furacáns, etc poden  desencadenar epidemias de  diarrea, malaria, dengue ou meninxitis e, por suposto, influir directamente no crecemento de determinados vectores como o mosquito, moscas, caracois de agua doce, etc.

Premede na imaxe para acceder ao recurso.

 

Pre

Esta entrada foi publicada en Día de ..., Ler Con-Ciencia, Vivir máis, vivir mellor. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta