O cambio de clima en Galicia desde CPI dos Dices ( Rois)

Un excelente post desde o CPI Dos Dices ( Rois), e non vos perdades o bon uso que fan da prensa co alumnado.

O clima de Galicia sofre unha progresión entre unha predominancia do clima oceánico puro –con tendencia a un repartimento homoxéneo anual das precipitacións– a marxes climáticas que poden ser consideradas como suboceánicas e que mesmo foron caracterizadas como de tendencia mediterránea, aínda que o termo correcto sería o de subtropicalizada, xa que a estacionalidade pluviométrica en Galicia está controlada, en boa medida, pola compoñente climática subtropical.

A distribución espacial das temperaturas presenta unha variación costa-interior, relacionada coa preseza do océano Atlántico -quen ten un efecto de regulador térmico nas zonas costeiras e incluso en zonas máis interiores-, e outra norte-sur, que hai que poñer en relación co balance anual entre as compoñentes climáticas temperada e subtropical.

Segundo os expertos, o cambio climático en Galicia terá como consecuencia un aumento das temperaturas e unha redución das precipitacións que farán que o clima galaico se asemelle ao clima Mediterráneo, salvando a franxa cantábrica Así, co cambio climático en Galicia pasaríase dunha situación de dominancia do clima mesotemperado, con pequenos enclaves mesomediterráneos nas Rías Baixas e Ourense e supratemperados nas zonas altas, a outra, na que dominaría o piso mesomediterráneo con pequenos enclaves supramediterráneos, na montaña, e mesotemperados, no cantábrico. No relativo aos pisos bioclimáticos (ombrotipos), cunha dominancia case total do caracter húmido hoxe, pasaríase a unha penetración importante (no 30 % da superficie do país) do carácter subhúmido e, mesmo seco, no cantábrico. É dicir, que o clima temperado dominante de hoxe se viraría a outro mediterráneo dominante. Os cambios no clima agárdase que traian unha importancia mudanza na distribución xeográfica dos ecosistemas terrestres. Neste caso aqueles ecosistemas senlleiros determinados por un determinado enclave xeolóxico ou unhas determinadas condicións climáticas son os que máis sufriran dos efectos do quecemento global, chegando mesmo a desaparecer da xeografía galaica. Co ascenso das temperaturas agárdase un incremento dos incendios que podería chegar ao 80% segundo os expertos. Así mesmo as temperaturas afectará especialmente á biodiversidade galega, especialmente aos anfibios que atopan en Galicia un dos mellores hábitats da península e que co cambio climático poderían perder moitos dos seus ecosistemas chegando mesmo a extinguirse un 97% das especies.

 

cima galicia

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Os mellores post de alumnos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta