Dos Ríos aos Océanos

“Dos Ríos aos Océanos” é un  proxecto pedagóxico do país veciño , desenvolvido por ASPEA – Asociación Portuguesa de Educación Ambiental, unha iniciativa da Comisión Europea e promovido polo Centro de Información Europea Jacques Delors ( CIEJD ).

O seu obxectivo principal é sensibilizar á comunidade educativa e a cidadanía para promover actividades educativas interdisicplinares , relacionados cos ríos, os mares e os océanos co  fin de aumentar a conciencia medioambiental  e propiciar a   sostibilidade e o uso eficiente dos recursos.
Os temas chave de este proxecto son o cambio climático, a enerxía, a  sostibilidade , a biodiversidade e o equilibrio ecolóxico dos ambientes acuáticos , os impactos da contaminación de ríos, mares e océanos, a reducción , reutilización e reciclaxe dos residuos e o  patrimonio cultural, etnográfico e ambiental.

Entre as diversas  e interesantes  iniciativas que propoñen, destacamos:

  1. Primeira conferencia portuguesa infanto-xuvenil sobre o  medio ambiente  ( de Infantil a Primaria).
  2. Conferencias e obradoiros  sobre agua, ríos , mares e océanos .
  3. Actividades culturais e eventos artísticos  “riocEAnos em festa
  4. Formación de profesores.

O proxecto convoca  tres concursos relacionados coas áreas de actividade:

  1. Premio Nacional de Medio Ambiente de Cortometraxes  ( dirixido a estudantes de 14 a 19 anos)
  2. Exposición  de Humor Gráfico de Educación Ambiental (dirixido a nenos de 4 a 13 anos)
  3. Concurso de Fotografía da Natureza ( público en xeral ). O tema de este concurso é  ” Dos Ríos aos Océanos : camiños entre moitas historias “-.

Un proxecto irmán a Climántica nos obxectivos e plantexamentos didácticos do que seguiremos falando na blogosfera Climántica. Compartídeo e premede un lik no Facebook do proxecto!!

Esta entrada foi publicada en Proxectos amigos. Garda o enlace permanente.

One Response to Dos Ríos aos Océanos

  1. Pingback: ASPEA e Climántica: Un exemplo de colaboración entre comunidades educativas | Blog Guia

Deixa unha resposta