De peixe a cocodrilo ou como potenciar a argumentación científica

Un magnífico exemplo de como propiciar a argumentación científica nos blogs de Climántica desde este post do IES Francisco Asorey. Non vos perdades os comentarios!!

Grazas Víctor!!

Segundo sostén un equipo de investigadores, as extremidades dos animais vertebrados probablemente tiveron a súa orixe nas aletas traseiras dos peixes, que foron evolucionando ata facerse máis robustas.

Esta especie apareceu por primeira vez no 2004 (pero só atoparon a parte dianteira) e bautizouse como Tiktaalik roseae. Seguiron escavando e nas posteriores campañas de 2006, 2008 e 2013 atoparon fósiles da pelvis e das aletas traseiras. Segundo aseguran trátase dunha especie de transición entre peixes e tetrápodos terrestres mellor coñecida ata agora.

Ten uns 375 millóns de anos e é uns 10 millóns de anos anterior á aparición dos primeiros tetrápodos.

Describiuse coma un híbrido entre peixe e crocodilo. Tiña aletas lobuladas e una cabeza ancha e plana, con afiados dentes. Un exemplar adulto podía medir máis de dous metros. Cren que era un peixe de auga doce e que cazaba ás súas presas en augas profundas. As articulacións das súas patas dianteiras tamén permitan ao animal sosterse no chan e camiñar polo fondo do mar, ademais de nadar.

A súa pelve é comparable nalgúns aspectos á dos primeiros animais tetrápodos. Tiña branquias, escamas e aletas coma os peixes, pero tamén un pescozo móbil, pulmóns primitivos e caixa torácica coma os tetrápodos. A súa cintura pélvica era case idéntica en tamaño á súa cintura escapular, unha característica similar á dos tetrápodos e posuía unha xunta de rótula esférica da cadeira destacada, que conectada a un fémur móbil podería estenderse por debaixo do corpo.

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, CCMC, Universo e vida e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta