Feiras de Ciencia: IES David Buján en Galiciencia

 

Trasladamos este post do blog de Climántica do  IES David Buján para animarvos a participar nas Feiras de Ciencia. En novembro Galiciencia 2013 e o XXVI Congreso de ENCIGA mostraron o bon facer do profesorado  e o alumnado de Ciencias de Galicia. Dentro de nada o Día da Ciencia na Rúa…A que esperades?

Os días 20 ao 22 de novembro, catro alumnos do noso centro participaron con dous proxectos científicos en Galiciencia, a maior feira científica para estudantes de ESO, FP e bacharelato de Galicia.

O traballo de Martín Patiño e Rodrigo Ramos tratou de dar resposta á pregunta “Cal é o mellor método para provocar o bocexo?” e Ignacio Ruíz e David Viñas investigaron se é posible recuperar con calor unha pelota de tenis de mesa.

Moitos centros educativos de toda Galicia presentaron diferentes propostas innovadoras e interesantes e con elas puidemos aprender se é posible cociñar on ovo con dous móbiles, cómo incorporar vexetais en hamburguesas e xeados e que sigan sendo saborosos, cómo protexer os cultivos da chuvia ácida, a influenza do radon na nosa saúde ou cómo facer un sistema de aviso para infraccións en baloncesto. Os tres proxectos gañadores presentaron cómo facer un perfume ecolóxico, unha cadeira que detecta malas posturas e un novo sistema de sinalización antikamikazes para autopistas. Este último será presentado en Barcelona na feira Exporecerca.

Esta entrada foi publicada en Axenda, Redes Climántica e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta