Marea Blanca, Marea Negra

Onte publicouse a sentencia do Prestige, unha catástrofe ambiental que fica impune e que deixa na cidadanía estupor e indignación.

Recuperamos no Blogue Guía un artigo escrito por unha alumna do IES Francisco Asorey , Raquel Blanco González, que nos axuda a recuperar a confianza dos cidadáns ante catástrofes como a do petroleiro, a “Marea Blanca” que desencadenou a marea negra .

Isabel Coixet , directora de cine, acaba de facer un documental, “Marea Branca”, como homenaxe ás miles de persoas que viñeron salvar as costas galegas pola catástrofe do Prestige, que no outono de 2002, máis de 70.000 toneladas de fuel arrasaron a costa galega.  Unhas 300.000 persoas acudiron ás praias para limpar o fuel, ante a falta de reacción das autoridades.

Coixet recorreu toda Galicia entrevistando a pescadores, veciños e voluntarios. Algúns deles aparecen retratados en “Marea Branca”, como por exemplo Nacho Castro, pescador da cofradía de Muxía.  É obra de Coronita Save the Beach, un programa que a marca de cerveza Coronita puxo en marcha en 2008 en Europa para informar sobre o estado das praias europeas e sobre a necesidade de coidalas.


Non vos perdades o comentarios do post.

 

Esta entrada foi publicada en Fenómenos naturais e catástrofes e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta