Un tifón na Cumbre do Clima

Dicía Milan Kundera na sua obra ” A insoportábel levedade do ser ” que  “Só a casualidade pode aparecer ante nós como unha mensaxe. O que ocurre necesariamente, o esperado, o que se repite tódolos días, é mudo”.

E desta forma ten irrumpido o tifón Haiyan , o maís destructivo do que se  teñan datos, no debate internacional sobre o cambio climático que coincidiu coa xornada inaugural da Cumbre do Clima, en Varsovia.

O máximo representante da delegación filipina  Yeb Sano, fixo unha emotiva chamada á comunidade internacional para desbloquear o proceso de reducción de emisións de gases paralizado desde o 2009 na Cumbre de Copenhague.

“A  crisis climática é  unha locura. E podemos parala, aquí mesmo, en Varsovia. Por favor, paren esta locura»

Un discurso , emotivo que deberiamos levar á aulas  para debatir un tema tan importante como o Cambio Climático, tanto pola  contextualización do tema, a súa actualidade  como polo necesario enfoque sociolóxico e emocional, imprescindibles para crear un debate didáctico en educación ambiental.


Fontes: El Mundo, El País, Euronews.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta