Sputnik, Explorer, INTASAT, XaTcobeo e outros satélites.

Desde o IES Fernando Wirtz na Coruña.

A   primeira referencia aos satélites artificiais foi do escritor británico de ciencia ficción Arthur C. Clarke en 1945. Propuxo un sistema de comunicación global que se utiliza en  estacións espaciais equipadas con instrumentos para recibir e transmitir señais a un ou varios puntos da Terra,  sen necesidade de cables coaxiais.

A idea fíxose realidade co Sputnik I, lanzado pola Unión Soviética en 1957.  Uns meses máis tarde  puxeron en órbita o Sputnik II con Laika como pasaxeira. En 1958 lanzaron o Sputnik III, con instrumentos que  durante 21 días enviaron información sobre radiación cósmica, meteoritos e sobre densidade e temperatura das capas superiores da atmosfera. Nese mesmo ano E.U. lanzou desde Cabo Cañaveral o Explorer I e inagurou a NASA en plena época da Guerra Fría e da carreira espacial.

Desde entón colocáronse en órbita miles de satélites artificiais moitos dos cales  aínda  orbitan a Terra. Para colocar un satélite artificial ao redor da Terra necesítase dun foguete  o suficientemente potente como para que o satélite alcance unha velocidade de 8 km/s ou máis.  Polo xeral o foguete tras  un tempo de funcionamento moi breve, 5 ou 10 minutos, desprende o satélite e apágase por completo.  O satélite  comeza así a desprazarse pola propia inercia.

INTASAT foi o primeiro satélite artificial científico español. Lanzado en 1974 e cunha   vida útil de dous anos, transportaba un faro ionosférico, experimento que a NASA considerou  de maior interese  xeral que o estudo de raios gamma previsto inicialmente.

O satélite galego XaTcobeo, foi en 2012 o primeiro satélite universitario construido en España.

Tipos de satélites:

1- Segundo o tipo de órbita:

Satélites de Órbita baixa terrestre (LEO): cunha órbita xeocéntrica a unha altitude de 200 a 2000 km

Satélites de Órbita media terrestre (MEO): cunha órbita xeocéntrica cunha altitude de entre 2000 km e  35 880 km, coñecida como órbita intermedia.

Satélites de Órbita alta terrestre (HEO): cunha órbita xeocéntrica por riba da órbita xeosíncrona de 35 880 km; tamén coñecida como órbita moi excéntrica o órbita moi elíptica.

Tanto os satélites MEO como os LEO, pola súa menor altitude, teñen unha velocidade de traslación ao redor da Terra máis rápida que a rotación terrestre.

Satélites xeoestacionarios (GEO): atopanse na órbita do mesmo nome, sobre a liña do Ecuador e a uhna altitude de casi 35 880 km. Viran á mesma velocidade cá Terra, de maneira que para un observador na Terra parece un punto fixo no  ceo.

2.- Segúndo a súa misión:

Satélites de comunicacións:

O Hispasat é un operador de satélites de comunicacións español. Permiten  as  comunicacións de voz, audio e video como a televisión vía satélite.

Satélites de Navegación:

Estes satélites foron de grande axuda para as empresas de transporte, especialmente o transporte por  auga e por  aire. Os satélites GPS de Estados Unidos encóntranse na órbita terrestre baixa (LEO) e  pódese determinar a posición cunha precisión de 1 cm. Porén, ese posicionamento moi preciso só ten fins militares. O sistema Galileo da Axencia Espacial Europea é un sistema civil, non militar e a súa  precisión é moito maior cá do GPS.

Os satélites de navegación tamén se utilizan para medicións de distancia, por exemplo entre edificios.

Satélites meteorolóxicos:

Son plataformas espacias dotadas con cámaras que obteñen imaxes na banda de luz visble e en lonxitudes de onda do infravermello. Segundo a órbita que describen poden ser de órbita xeoestacionaria (o Meteosat europeo o os GOES norteamericanos) o de órbita polar (o NOAA norteamericano e o ruso Meteor)

Satélites militares:

Xeralmente levan cámaras de maior resolución e con equipos de comunicacións cunha linguaxe cifrada

Satélites científicos:

O Telescopio Hubble é El HST é  un telescopio de tipo reflector e o seu  espello primario ten  un diámetro de 2,4 m. Para a exploración do ceo incorpora na actualidade catro instrumentos con capacidade de obter imaxes  espectros. Para a xeración de electricide leva paneis solares e baterías recargables.


Esta entrada foi publicada en Astronomía, CCMC e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta