Climántica nas III Xornadas de art´ambiente

Neste vídeo recóllense, a modo de introdución, as declaracións que fixo a responsable da organización das III Jornadas de art ´ambiente organizadas pola ASPEA co Parque Biolóxico de Gaia , Fátima Matos Almeida, unha destacada educadora ambiental portuguesa.

A creatividade, como elemento unificador das diferentes formas de expresión na área das artes visuais, da pintura, da escultura, da expresión dramática, da ciencia e da paisaxe constitúen o fío conductor desta conferencia que vos invitamos a compartir nos vosos blogues.

O equipo de  Climántica presentou,en sesión plenaria no auditorio do Parque Biolóxico de Gaia e da man de Francisco Sóñora, director do proxecto as estratexias metodolóxicas para o estímulo da creatividade que están a desenvolver nos estudantes no marco dos proxectos Climántica e Oceántica.

 

 

Esta entrada foi publicada en Axenda, CCMC e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta