Congreso Oceántica

Os centros educativos que non podades asistir ao  Encontro educativo Oceántica 13/14,  o día 21 de outubro en Vigo, poderedes seguilo en directo por streaming sen máis que solicitalo enviando un correo a oceantica@campusdomar.es.

Unha forma interesante de participación na que, ainda que os rapaces non poidan visitar instalación, compartir experiencias e sensibilizarse en contacto con iguais, si poderedes aproveitar para visualizar  nas aulas  as charlas dos expertos e por en contacto aos rapaces cos traballos e exposicións dos seus compañeiros.

A qué esperades?  oceantica@campusdomar.es

Esta entrada foi publicada en Axenda, Oceántica e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta