Menudo programa!! Todo o que podemos facer nos encontros educativos de Oceántica

A que esperades para apuntar aos vosos rapaces? Velaí o programa do Encontro Educativo de Oceántica:

10:00- 10:15 Recepción e presentación da xornada por parte
dos responsables do Campus do Mar.

100:15 – 11:30 Charlas-coloquio de investigadores do Campus

Os temas que se  abordarán son os seguintes:
• Por qué estudamos os océanos no Campus do Mar?
• Como se formaron os océanos?
• Como se observan os océanos: as tecnoloxías oceánicas

11:30-12:00 Presentación global dos traballos presentados por cada centro ao Congreso Xuvenil Internacional OCEÁNTICA13 e proxección dos vídeos elaborados durante o
campus OCEÁNTICA13 celebrado no mes de agosto.

12:00 – 12:15 Explicación das actividades a realizar e traslado á praza Miralles, punto central das actividades.

12:15 – 14:30 Neste tempo desenvolveranse en paralelo tres tipos de actividades ( 1º quenda):

  • Visita aos 7 stands de obradoiros da iniciativa Mergúllate no Océano.
  • Xogo de Orientación universitaria
  • Visita aos laboratorios dos investigadores.

14:30 – 15:30 Comida picnic e actividades coordinadas polos  monitores deportivos.

15:30 – 17:30 2ª quenda de actividades, onde os equipos das 12:15 rotarán nas visitas e obradoiros.

17:30 – 17:45 Recepción dos estudantes no auditorio.
17:45 – 18:00 Charla coloquio dun investigador do Campus do Mar sobre unha nova temática do congreso OCEÁNTICA14: A vida nos océanos. Esta conferencia poderá ser tamén seguida en directo por streaming dende os centros que o soliciten.
18:00 – 18:30 Presentación de OCEÁNTICA14: xornadas de formación do profesorado, congresos, ciclos de conferencias, campus xuvenil, etc

18:30 Despedida e regreso aos autobuses

 

Esta entrada foi publicada en Axenda, Oceántica e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta