Encontro educativo Oceántica 13/14

Animádevos a participar no encontro educativo OCEÁNTICA13/14, porque ademais de orientar aos alumnos para participar en Oceántica 14, onde vos esperamos un ano máis, estes encontros tamén permitirán que coñezan de primeira man a actividade dos científicos visitando a  equipos de investigación do Campus do Mar relevantes nos ámbitos de detección remota, a nanotecnoloxía, a microscopía electrónica ou a seguridade alimentaria. Tamén poderán asistir a 4 charlas coloquio impartidas por investigadores relevantes sobre a estudo dos océanos, a súa formación, a vida neles e as tecnoloxías para o seu estudo.
Nas xornada haberá tempo para facer unha recapitulación do congreso Oceántica 13 e un percorrido por momentos singulares que foron claves para o desenvolvemento do campus xuvenil internacional que xa  podedes ver no vídeo se premedes na imaxe:


As xornadas rematarán coa presentación de OCEÁNTICA14 : xornadas de formación para o profesorado, Ciclos de Conferencias de Divulgación Científica, Congreso Xuvenil internacional e Campus Xuvenil OCEÁNTICA14, Encontros de Oceántica coas comunidades educativas, obradoiros, etc.
Se non podedes desprazarvos a Vigo  podedes apuntarvos en oceantica@campusdomar.es para seguir os encontros por streaming
Esperámosvos!!!

Esta entrada foi publicada en Axenda, Oceántica e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta