Somos culpables: Un bo comenzo desde o IES Francisco Asorey

O IPCC ven de reunirse e a súa principal conclusión é que está moi claro que a actividade humana é a causante do cambio climático (a orixe humana deste problema, calcúlase en máis dun 90%). Semella que isto era algo que xa sabiamos pero a realidade é que os novos

datos dos últimos seis anos son concluíntes.

Así que se agaradan, segundo a ONU, ondas de calor, sequías, inundacións e aumentos do nivel do mar (de 26 a 82 cm a final de século) de non reducir as emisións de gases causantes do efecto invernadoiro.

Unha das conclusións da última reunión do IPCC é que a temperatura global subirá sobre 2º C a fins de século de non reducir, rapidamente, a redución dos gases que causan o efecto invernadoiro. Este dato apórtanos unha esperanza para cambiar a política industrial agresiva de moitos países; a futuro aínda está nas nosas mans.

Os datos que aporta este informe xa non deixan lugar a dúbidas: o aumento do nivel do mar acelerouse, a taxa de desxeo do Ártico duplicouse, os glaciares e casquetes polares fúndense a maior velocidade e os océanos están acidificándose. Xa non queda tempo para a especulación.

Autor: Víctor Caamaño

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta