Comenzamos!!!

Benvidos e benvidas ao novo curso en Climántica .

Como tódolos anos, vos animamos a comenzar  cos rapaces nestes días cos rudimentos de publicación no blog de aula. Para elo contades cos vídeos e manuais de axuda na pestana Titoriais e coa nosa axuda para o que precisedes. So tedes que deixar un comentario en calquera dos post do Blogue Guía.

Lembrade tamén que é un bo momento para instaurar as normas de uso do blog, e distribuir as tarefas centrándose na aprendizaxe cooperativa.

Animámosvos tamén, a aproveitar estes primeiros días para introducir os blogs na programación de aula e  para comentar cos compañeiros a dispoñibilidade da plataforma para albergar proxectos novos desde tódolas áreas, sempre que teñan como foco o cambio climático

Para comenzar xa con unha proposta que vos pode valer para presentar o Blog Guía na aula , recurrimos á prensa  con un artigo publicado na Voz de Galicia a semana pasada sobre o rol  do home no Cambio Climático . Unha lectura que pode ser tratada desde distintos enfoques: rigor científico na prensa, o papel das actividades do home no Cambio Climático, o  labor do IPPC, e un sinfín de propostas que nos gustaría que compartades nos comentarios de este post. Só tedes que copiar e pegar a URL da vosa publicación.

Un abrazo agarimoso para todos “os veteranos ” da comunidade de blogs de Climántica e unha acolledora benvida a todos os que comenzades este curso .

Susana Vázquez

Esta entrada foi publicada en Axenda, Cambio climático, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta