Galicia é unha mina de

 

Desde o IES A Basella en Vilanova de Arousa nos deixan este intersante post sobre a riqueza natural de Galicia e o seu aproveitamento. Non vos perdades os comentarios un bo exemplo de integración das bitácoras na aula de CCMC.

Temos que ser consciences que case todo o que nos rodea depende dos produtos da explotación mineira, dende as construcións e infraestruturas que nos rodean, á enerxía que utilizamos, os aparellos que manexamos ou a auga que bebemos.

Galicia ten recursos minerais, que se levan explotando moito tempo, como materiais de construción (somos a primeira potencia mundial na produción de lousa e a cuarta de granito), minerais como a magnesita (a mina de O Incio en Lugo, é unha das máis importantes do mundo), caolín (o 21% do caolín para cerámica en España sae das explotacións da montaña lucense), seixo (a nosa comunidade aporta o 44%da produción española), carbón (que se deixou de extraer xa nas minas de Meirama e As Pontes), estaño e wolframio (que se explotaron na II Guerra Mundial)… Tamén podemos incluír nestos recursos xeolóxicos aos mananciais e balnearios. E outros minerais dos que obter elementos tan utilizados na industria electrónica como o litio ou as terras raras. A explotación destos elementos non era rendible ata o momento, pero a subida de precios destes elementos no mercado está despertando un novo interese por eles.

Empresas canadienses e sudafricanas están facendo prospeccións e solicitando licencias para o estudo da posible explotación de ouro en Corcoesto; litio, estaño, niobio, coltán e wolframio en Lalín, Silleda, Forcarei e O Irixo; tantalio das escombreiras de estaño de Viana do Bolo; andalucita nas Pontes (moi cerca das Fragas do Eume)…

Que podemos esperar se se poñen en marcha estas explotacións?

Os defensores da reapertura destas minas esperan que aporten postos de traballo (en torno a 270 empregos para a mina de Corcoesto segundo a compañía mineira, que mantería a explotación uns dez anos) e riqueza a Galicia , os detractores advirten dos riscos ambientais desta minería.imagen

Ao fragmentar a rocha para separar o ouro libérase arsénico  e utilízase cianuro de sodio, dous contaminantes que poden chegar facilmente a ríos e mananciais, ademais xéranse escombreiras e lodos que se acumulan en balsas, co grave risco de que rompan e liberen cantidades importantes de contaminantes ao medio, como xa ocurriu outras veces. Hai que contemplar tamén o impacto paisaxístico que xeraría, a emisión de partículas á atmosfera, a intensificación do tráfico e o ruido, e a boa xestión ou non, que faga a empresa para rexenerar a zona tras a explotación.

Galicia ten moitos recursos ademais dos mineiros, pode que algúns incompatibles entre eles, pensando no noso futuro, por cales queremos apostar?

Esta entrada foi publicada en Enerxía. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta