Megaminería en Galicia desde o Francisco Asorey

A megaminería caracterízase polos seus proxectos a gran escala, que combina unha explotación a ceo aberto, uso de substancias contaminantes, grandes necesidades enerxéticas, utilización de grandes volúmenes de auga, producción e amplificación do drenaxe ácido de mina e roca e a xeneración de pasivos ambientais. Ten amplios impactos sobre a ecoloxía, saúde, clima, chan, economía, política e tecido social.

Entre as comunidades autónomas, Galicia é a cuarta en producción minera, con maís de 520 explotacións activas que non soen ser un exemplo de respecto pola lexislación e o patrimonio ambiental. Agora, ca excusa da crise e o reclamo duns poucos postos de traballo, durante este último anos a Xunta quere permitir que, pola codicia das empresas mineiras, Galicia se convirta nunha gran mina a ceo aberto, arrasando o noso patrimonio natura, cultural e paisaxístico, contaminando o entorno e poñendo en risco a saúde das persoas.

Nesta liña, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e algúns grupos políticos ven como un acto de “terrorismo químico” o proxecto da empresa canadiense Edgewater, de recuperar a extracción de ouro dunha mina sellada nos anos 70 na comarca coruñesa de Cabana de Bergantiños. Ambas organizacións, apoiadas por outras entidades ecoloxistas e por todos os partidos da oposición en Galiza, levan meses liderando manifestacións e críticas contra o citado proxecto, que recibiu o respaldo da Xunta de Galicia e foi considerado un proxecto estratéxico. Ahora deron un paso máis e acaban de presentar unha denuncia na Comisión de Peticións de Parlamento Europeo.

Aínda estamos a tempo de parar isto, xa que a ameaza e máis forte ca nunca. Por iso, ou se actúa rápido e agora, ou será demasiado tarde. Ese é o motivo de que existan diversas listas pola rede ou en postos oficiais, nas que aportas a túa firma protestando en contra disto, coa intención de paralo. Tamén existe un amplo movemento socia a través das  redes sociais. Por exemplo, en Twitter, esta sendo moi empregado o hashtag #SalvemosGalicia, que conta ca implicación de moitos personaxes célebres como actores, escritores, etc. , a maioría galegos, pero tamén doutras partes de España.


Autoras: Mariña Durán e Carla Serén

Esta entrada foi publicada en Mesa Redonda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta