Desde o IES de Brión.
Descúbrese que o envellecemento dunha persoa non conleva á diminución da súa capacidade de absorber nova información, senón que se ve reducida a posibilidade de filtrar datos e eliminar información antiga de menor valor.
Esto débese a que das subunidades que constitúen o receptor NMDA, encargado da regulación do aprendizaxe e da memoria, a NR2B exprésase en maior cantidade nos nenos e é a que permite que as neuronas se comuniquen, establecendo conexións fortes que optimizan o aprendizaxe e a memoria; mentres que despois da pubertade, a NR2A é a que cobra un maior protagonismo e fai que a comunicación entre as neuronas sexa menor.
É dicir, unha maior presenza da NR2A e menor da NR2B, no receptor NMDA situado no hipocampo do cerebro, fan que manteñamos unha boa capacidade para crear recordos a curto prazo mediante conexións fortes, pero sen embargo, a nosa capacidade para debilitar conexións existentes e polo tanto para crear novos recordos a longo prazo, é defectuosa. De aí que os adultos teñan máis dificultades para aprender un novo idioma ou sexan máis reacios a cambiar a súa forma de pensar e de facer as cousas.
Que vos parece a explicación deste feito?
Fonte: http://noticiasdelaciencia.com/not/6537/para_aprender_es_vital_olvidar_lo_que_no_es_importante/