Petróleo 2.0

Un excelente post dende o CPR Seminario Menor Dixcesano de Ourense. Non vos perdades os comentarios.

Neste tema de recursos estamos a comentar que os combustibles fósiles son son renovables e que se esgotan ou estan acadando uns prezos alarmantes. Pero canto máis apreta a crise máis alternativas aparecen ao ouro negro.

Unha empresa de Silicon Valley en Norteámerica chamada LS9 conseguiu modificar xenéticamente o ADN dunha cepa da bacteria Escherichia Coli para que excrete petróleo crudo a partir de biomasa (serrín, palla,…) e restos orgánicos. Comezou a comercializado a finais do 2011 a un prezo de unhs 50 dólares o barril (o petróleo normal está a 120 dólares/barril).

O principal inconvinte é que se necesitan unhas instalacións moi amplas para que poidan obterse as cantidades suficientes para que a actual demanda sexa satisfeita.

Pero as vantaxes son moitas:

– É unha fonte de enerxía renovable que revalorizaría o negocio da madeira.

– É carbono negativo, é decir, absorve máis dióxido de carbono do que se libera na súa combustión.

– Non sería necesario cambiar a estrutura enerxética do mundo como pasará coa economía do hidróxeno.

– Supón unha esperanza para os motores de combustión interna cando o petróleo de sempre se esgote.

Tags: ,

Esta entrada foi publicada en Enerxía e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta