Unha nova impresión: A impresión 3D desde o IES A Basella

Coches aerodinámicos, comida sintética ou robots que fixesen as tarefas do fogar por nós. Previsións de futuro que quedaron lonxe de facerse realidade.

Se fai 30 anos a posibilidade de falar cun teléfono pola rúa parecía ciencia ficción, hoxe en día as impresoras 3D tamén o son, pero existen.

Segundo o decano asociado á IE Business School, Luis Solís, no 2030 cada persoa terá na súa casa unha impresora 3D que lle permitirá reproducir a tamaño real dende zapatos ata sillas e ata incluso comida, pero isto pode cumplirse ou quedar atrás como os coches voadores.

 

impresións en 3D

É unha tecnoloxía que hoxe en día está dispoñible e está vivindo un boom de uso, á vez que revoluciona o mundo.

Existen varios tipos: de compactación, ou de adición, e pódense imprimir maquetas, xoguetes, prótesis médicas, etc.

Adeais de todo isto, unha cousa que me parece moi vantaxosa é que a basura tamén se pode utilizar para impresión deste tipo.

Agora tócavos opinar sobre o tema, credes que isto terá futuro, ou será rendible cando saia?

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.