Oceántica: Contidos transversais sobre as rías no curriculum

O Campus do Mar organiza en Vigo os días 12 e 13 de abril un  curso de 10 horas  destinado a docentes baixo o título Introdución de contidos transversais sobre as rías nos curriculos cun programa excelente  para presentar contidos transversais relacionados coas rías  e inregralos en tódolos nivéis, etapas, ciclos e modalidades educativas.

Un curso que sirve de inauguración do proxecto educativo Oceántica , estruturado en cinco etapas transversais que engloban os grandes retos que a sociedade contemporánea está a demandar do coñecemento do medio mariño:

  1. Redución da pegada de carbono no océano
  2. Biodiversidade e recursos mariños para a sostibilidade e a saúde
  3. Contaminación do medio oceánico e costeiro
  4. Xestión integral do territorio oceánico e costeiro para a sostibilidade e a resposta ao cambio climático
  5. Tecnoloxías mariñas para a sostibilidade e a saúde.

A que esperades para inscrivirvos?

 

 

Esta entrada foi publicada en Axenda, Cambio climático, CCMC e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta