Tempo de temporais

O blog  guía de Metereoloxía de Juan Taboada volta a estar actualizado na blogosfera  Climántica. Como sempre, Juan Taboada, amosaranos os misterios da metereoloxía e nos informara sobre as características máis salientables do tempo na nosa comunidade.

Comenza a publicación cun interesante artigo sobre as características do inverno 2012-2013, un inverno que neste fin de semana parece que quere deixarnos unha forte lembranza. Non tedes máis que rebuscar na prensa e ver os tornados que asolaron Ribeira, A Pobra e A Guarda.

Noticias  e imaxes compartida por cidadáns, pero nunca tan importantes como as que vos nos podeides deixar nos comentarios deste post para compartir cos compañeiros e compañeiras doutros centros.

 

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta