Nunca é tarde para comenzar

A realidade de cada centro é precisamente a que enriquece a blogosfera Climántica.Así, no blog de Vedra, unha das bitácoras con máis solera de Cimántica,  acaban de comenzar ao utilizar os blogs cos rapaces de BioXeo . Animámovos a ver como inicia o proceso o profesor para que todos aqueles que ainda non comenzáchedes o fagades pronto.

Benvido a casa como cada ano CPI De Vedra

Ides publicar como artigos ou “posts” no blogue os vosos traballos sobre a unidade 3: “A transmisión dos caracteres”.

Normas:

  1. Tedes que poñer un título chamativo ao post, que capte a atención e invite ao visitante do blog a lelo.
  2. Se copiades e pegades o texto desde un documento externo, empregade a ferramenta “Pegar como texto plano”.
  3. Tedes que incluir dous ou tres “links” (ligazóns) con palabras clave que precisen dunha información complementaria e que poda consultar o que lea o post. Preme aquí para —–> AXUDA ligazóns
  4. Tedes que buscar unha ou dúas imaxes ilustrativas e que capten a atención sobre o tema (cando as atopedes, é práctico gardar a súa URL nun documento de texto, para logo importala ao post). Preme aquí para —–> AXUDA imaxes
  5. Non esquezades asignar ao voso “post” unha ou máis CATEGORÍAS (no menú á dereita da fiestra de edición) e tamén ETIQUETAS (palabras clave que aparecerán despois na “nube de tags” das etiquetas). Isto facilitará a busca temática posterior.

Seguide as indicacións e os exemplos que vos poñerá o profesor e os VIDEOS E MANUAIS DE AXUDA neste outro post.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta