Peoplemoving

Peoplemovin, é  un gráfico interactivo creado por Carlo Zapponi que mostra, a partir dos datos do Banco Mundial desde 0 2012,   os fluxos  de migración no mundo.

movin

Como vedes, na columna da esquerda aparecen os países  emigrantes e, na a dereita os de destino.

Se prememos  nun país emigrante  aparece a información ampliada e líneas en escala de cor e grosor que  os conecta con cada un dos países de destino. Unha ferramenta imprescindible para comentar cos rapaces en CCMC e facelos correlacionar os fluxos migratorios e a súa relación coas alteracións climáticas,  sitemas políticos e conflictos e economía dos países. Un tema que podedes complementar coa visualización do vídeo de Climántica TV “Cambio Climático: o reto do século XXI” que tamén está publicado en portugués para os compañeiros portugueses e brasileiros.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta