Até cando nos aturará a Terra? Desde O IES Laxeiro

A presión á que estamos sometendo o noso planeta é tremenda. Ao longo da historia da humanidade foi aumentando de xeito continuo, e a raíz da revolución industrial esta volveuse asfixiante para a Terra.

O cambio climático é un dos problemas que ocasionou esta presión. As causas do mesmo, aumento na atmosfera dos gases de efecto invernadoiro, seguen indo a máis agravadas polo uso indiscriminado que se fai do carbón coa actual crise económica mundial, sendo as economías emerxentes coma China as principais consumidoras.

As políticas de regulación da emisión destes gases (dióxido de carbono sobre todo), non parecen ter moito efecto. Mais aínda que así fora os efectos do dióxido de carbono xa verquido na atmosfera vanse prolongar ao longo de centos de miles de anos, como nos comenta Ken Caldeira climatólogo da Universidade de Stanford, en Investigación e Ciencia do pasado mes de Novembro de 2012.

As consecuencias poden ser dramáticas a curto, medio e longo prazo.

  • Desertización de grandes zonas terrestres, incluídas as terras do sur da península ibérica.
  • Subida do nivel do mar por efecto deo desxeo, e inundación de bastas zonas costeiras.
  • Acidificación dos mares polo dióxido de carbono absorbido nel e transformado en ácido carbónico, coa perda de produtividade (as Rías Galegas veranse moi afectadas).
  • Menor cantidade de auga doce e moi mal repartida, o que traerá graves conflitos entre países.
  • Destrucción e empobrecemento de grandes zonas das terras agrícolas, coa conseguinte crise por falta de alimento sobre todo nas zonas máis deprimidas da Terra.


E estes son efectos contrastados, que xa se deron en épocas pasadas como foi no Cretácico (hai uns 100 millóns de anos), aínda que dun xeito moi lento dándolle, en xeral, tempo ás especies vexetais e animais a evolucionar e chegar a selecionar adaptacións que lle permitían colonizar eses medios con condicións diferentes.

Mais agora o cambio é moi rápido e; Acaso imos á caza do planeta Venus?, sen mares e atmosfera que regule o clima, e onde a vida como a entendemos non é posible. Algúns autores como Ken Caldeira veno pouco probable, pois suporía liberar a grande velocidade o metano das zonas xeadas da Terra producindo un quecemento global catastrófico, aumentado polo vapor de auga da evaporación dos océanos que poderían chegar a desaparecer.

Este autor apunta, máis ben, a un lento retorno ás condicións similares ás que había antes da revolución industrial, como xa ocorreu despois do cambio climático do Cretácico, pero que levará millóns de anos. A grande cantidade de dióxido de carbono quedará asimilada nas cunchas e os esqueletos dos animais mariños, a acidificación dos mares disolverá estes esqueletos e cunchas favorecendo que se absorba máis dióxido de carbono, e co tempo este pasará a formar rochas calcáreas, testemuñas dun mundo que foi transformado por unha soa especie que xa non estará presente. No vídeo podemos ver esa especie en acción, sen control, nin pudor mentres había algo que aproveitar, oprimir ou destruír.

Esta entrada foi publicada en CCMC, Ler Con-Ciencia, Os mellores post de alumnos, Produccións Climántica CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta