Sobre a situación da ciencia e da súa didáctica

O outro día comentabamos no blog Guía  o interesante artigo do profesor Anguita no diario “El Mundo” sobre a situación da ciencia no noso país  e do perigo da asignatura Ciencias para o Mundo Contemporáneo como eixo alfabetizador dos cidadáns do século XXI no eido das ciencias.

Hoxe retomamos o tema engadindo dous links de lectura áxil, que vos poden servir de actividade para potenciar a reflexión sobre este importante e polémico tema nas aulas de CCMC:

1- A entrevista a Ignacio Cirac , no diario ABC , director do Instituto Max Planck de Óptica Cuántica en Munich , que , despois de falar sobre computación cuántica ( un tema no que é un dos maiores expertos do mundo) incide, nas dúas últimas preguntas, no retroceso que supoñen os recortes en materia de ciencia para o futuro do noso país.

2- As declaracións de Craig Venter na web de noticias de ciencia Materia. Durante a entrevista, o científico, pai do primeiro borrador do xenoma humano,  fala sobre o retroceso, desde un punto de vista económico,  que supón este recorte en I+d+ i .

Tanto un experto como o outro, consideran que España podería tardar 20 anos en recuperarse de dous anos seguidos de recortes.

A polémica está servida.

E vos Que opinades?

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Obradoiro de prensa e audiovisuais, Sen categorizar e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta