A cicloxénesis Gong, ou como se absorben os termos científicos

Cando eu era rapaza era habitual que unha ou dúas veces ao ano nos visitara, casi sempre por estas datas, un forte temporal coas mismas características que ” Gong” , a cicloxénesis explosiva que nos visitou estos días e que, por sorte, non tivo a intensidade doutros fenómenos anteriores como Klaus ou Hortensia.

Na prensa, na radio, na TV,  nas escolar, nas cafeterías …ou no ascensor cun veciño, todo o mundo cambiou o indefinido  termo “temporal” por o nome científico dun fenómeno metereolóxico “cicloxénesis explosiva”, nada fácil de memorizar pero que xa é un vocablo de uso común.

Unha proba máis do papel  decisivo dos medios na alfabetización científica da sociedade que, desde sempre, vimos reclamando os e as profesoras de ciencias aos medios de comunicación. E non só queda na integración de termos propios da ciencia na linguaxe habitual, senon tamén do significado e divulgación dos conceptos.

Aproveitade a noticia para por aos rapaces a comentar nos blogs. Seguro que teñen moito que contar e non hai nada mellor para acostumalos a comentar que as noticias frescas.

 

 

Esta entrada foi publicada en Axenda, Fenómenos naturais e catástrofes e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta