Biomas desde o IES Alexandre Bóveda

Tamara, alumna de 2º de ESO do IES Alexandre Bóveda explica, con claridade meridiana, o concepto de biomas, Parabéns.

Os biomas son os grandes tipos de ecosistemas terrestres, que se carcterizan pola presenza dunha vexetación dominante que está influenciada polo clima. As zonas temperadas: grazas á súa variabilidadeclimática, atopamos unha grande riqueza de biomas:bosques caducifolios (clima atlántico), bosques mediterráneos(clima mediterráneo), estepas (clima continental), etc. O bosque caducifolio: Desenvólvese en rexións húmidas. Está constituido por árbores de folla caduca, como os carballos, as faias, os ameneiros ou os vidueiros, que ao chegar a estación fría perden as súas follas e entran nun período de inactividade. O bosque mediterráneo: tamén se coñece como o bosque esclerófilo porque as follas das súas árbores dominantes (aciñeiras, sobreiras,caxigos,carrascos,etc)

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos e etiquetada . Garda o enlace permanente.