Adeus á Antartida: Desde o IES Francisco Asorey

Científicos estadounidenses e revistas como Nature Geoscience, determinaron que unha parte do oeste do continente antártico derrétese máis rápido do previsto, a causa do quentamento global.

Dende 1958 as temperaturas foron aumentando ata 2,4 ºC, afirman os científicos. En canto a revista, razoa a súa teoría mediante unhas medicións de temperaturas que están instaladas a uns 1530 m sobre o nivel do mar, na zona oeste do continente. Estas temperaturas foron tomadas a través dunha estación estadounidense que estivo en activo dende o 1958 ata o 1980, e pechada definitivamente no 2005. Xa que estes rexistros foron calculados tanto tempo atrás non os consideran moi fiables para poder establecer un prognóstico claro do verdadeiro futuro deste continente. Para completar os datos que faltaban tiveron que estudar outros datos meteorolóxicos doutras estacións. Unha vez recopilada toda a información necesaria logrouse debuxar unha curva de temperaturas para esta rexión.

Hoxe en día sábese con certeza que as temperaturas neste continente de xeo non superan os -10 ºC, malia que este dato non conlevaría un gran derretemento do xeo, os datos apuntan a que a estabilidade do xeo na costa do antártico corre perigo de desaparición. Polo que pequenos aumentos de temperatura suporían un maior derretemento do xeo e un próximo adeus á Antártida.

Autora: Martina Mendoza Trigo

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Os mellores post de alumnos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta