Retomamos o curso cun interesante artigo publicado no diario “El Pais” de Francisco Anguita, un referente na ciencia española, e que nos afecta directamente como docentes de Ciencias para o Mundo Contemporáneo que sabemos, como ben decía o lema dos museos científicos coruñeses, “Sen ciencia non hai cultura”.
O artigo titúlase ¿ Un país de espaldas a la ciencia? , e nel reflexiona críticamente sobre a reestructuración da investigación científica e sobre o Anteproxecto de Ley Orgánica de Mellora da Calidade Educativa ( LOMCE).
O Proxecto de lei elimina a asignatura Ciencias para o Mundo Contemporáneo, quizáis unha das poucas disciplinas que integran no só a cultura científica no currículum, achegando a TODOS os rapaces á investigación actual, senón que estimula o pensamento crítico nun mundo onde se lles da cabida televisiva, e incluso en foros académicos, a creacionistas, adiviños ou falsos dietistas, entre outros personaxes.
Unha disciplina tan necesaria e imprescindible como as matemáticas ou a lingua para un cidadán do século XXI no que a ciencia e a tecnoloxía teñen un papel relevante no cotidiá.
Anguita o resume á perfección na frase que fai de epígrafe do título “Nun mundo que cada vez necesita máis ciencia e tecnoloxía, facer máis analfabetos científicos é un atentado contra a cidadanía”.
Animádevos a deixar as vosas opinións nos comentarios deste post!!
No artigo critica tamén a integración de estratexias empresariais no mundo da investigación científica e o impacto que terán no incipiente despunte da ciencia en España.
Unha reflexión que podemos lanzar na aula cunha simple pregunta :” Tería aparecido Internet, por exemplo, si só nos guiásemos por unha ciencia que só persiga obxectivos e prazos empresariais concretos ou é máis efectivo que sexa a investigación pura a que xenere propostas para a industria e a empresa?”
E pensar que os mellores centros de investigación no mundo ríxense por lemas como “curiosidade” …
En resumo, un artigo de lectura imprescindible, escrito coa axilidade, frescura e profundidade a que nos ten habituados Francisco Anguita.
Aproveitamos o post para recopilar unha serie de links de vídeos coas excelentes aportacións de Anguita ao proxecto Climántica e que moitos de nós tivemos oportunidade de vivir en directo para que as levedes á aula e sirva de exemplo da utilidade da asignatura para correlacionar ciencia e sociedade e estimular o pensamento crítico.
- Os condicionantes xeolóxicos da Biosfera dende a orixe da vida ata a sociedade do cambio climático:http://tv.climantica.org/entradas/341
- O enfoque medioambiental da Terra fluida:http://tv.climantica.org/entradas/338
- Enerxía interna do Planeta e medio ambientehttp://tv.climantica.org/entradas/336
- Conferencia sobre auga e cambio climático:http://tv.climantica.org/entradas/326
- Entrevista sobre a Educación Ambiental dende as Ciencias da Terra:http://tv.climantica.org/entradas/323
- Importancia da investigación xeolóxica para o cambio climático:http://tv.climantica.org/entradas/273
- Riscos xeolóxicos e impactos ambientais:http://tv.climantica.org/entradas/200
- O universo dende o Big-bang ao problema ecolóxico:http://tv.climantica.org/entradas/197
- O carbón e petróleo: límites e riscos:http://tv.climantica.org/entradas/77
- Impactos dos cambios climáticos na historia da Terra:http://tv.climantica.org/entradas/227