A mentira, estratexia ancestral.

Desde o IES Francisco Asorey un excelente artigo de Estela Vilanova.Intersante, áxil, cun título que invita a ler…un prazer. Non vos perdades os comentarios dos primatólogos do Asorey. Parabéns a todos!!

Aínda que nos resulte incrible, a mentira forma parte do noso repertorio de estrataxemas dende hai miles de anos, moito antes de chegarmos a ser completamente humanos. Grazas ás investigacións sobre o comportamento animal, podemos saber con certeza que compartimos esta capacidade enganosa con outros primates. Por exemplo, os chimpancés en completa liberdade realizan certas maniobras de distración para roubar comida ou ferramentas a outros compañeiros.

Nun laboratorio, se impides que un destes chimpancés tome uns anacos de comida colocados ó lado dun investigador, cando o científico dirixa a mirada cara ó outro lado, o primate rouba a comida do lado contrario ao que este esté mirando, para así, non ser visto nin descuberto.

Pequenos primates que habitan no centro do continente americano, ao igual que en América do Sur, ás veces cando conseguen unha fonte de alimento emiten falsas chamadas de alarma para indicar a presenza de depredadores. Deste xeito poden quedar con toda a comida exclusivamente para eles. Tamén saben que, se o macho ou individuo dominante  está presente, pode arrebatarlles a comida, polo tanto, prefiren non ensinar o que obtiveron. Neste tipo de situacións é probable que o engano cumplira unha función evolutiva moi útili, evitando a explotación dos máis débiles.

Por outra banda, ao igual que para os humanos, para os primates é moi importante a imaxe que o grupo ten deles. Por iso, do mesmo xeito que nós, estes animais manipulan a idea que todos podemos ter deles. Estudos realizados ao respecto  polo Instituto Max Planck revélannos que aproximadamente a partir  de cinco anos é cando realmente comezamos a preocuparnos polo noso “eu público”, polo que os outros pensan de cada un de nós.

Polo tanto, debemos ser conscientes de que o roubo, a mentira e a manipulación non son asuntos novos na historia da evolución humana e forman parte dos nosos impulsos ancestrais, o que non implica que estean ben considerados e feitos dende o ámbito ético e moral.


Autora: Estela Vilanova Núñez

Esta entrada foi publicada en CCMC, Os mellores post de alumnos e etiquetada . Garda o enlace permanente.