Só ás veces hai volta atrás…

Un intersante artigo desde o IES de Brión,  que trata un tipo de impacto  ambiental que xeralmente non  se publicita e que, as veces, e difícil de entender para os alumnos, o das minas e canteiras.

A acción do ser humano está alterando o noso planeta dunha forma excesiva, e na maioría dos casos é un proceso irreversible. Pero tamén hai outros que con moito esforzo e sacrificio se poden arranxar. Este é o caso das Minas de Río Tinto, en Touro, a uns escasos 10 km da nosa localidade.

Nestas minas obtíñase cobre, e debido á intensa explotación que sofreu, xa se esgotaron todas as reservas do mineral. A empresa retirouse do lugar, deixando tras de si un terreo devastado pola acción humana e moi diferente do paisaxe verde característico de Galicia. Non quedou nada.

imagen

Pero un equipo do Departamento de Edafoloxía da USC púxose a investigar nas causas deste paisaxe tráxico, e comprobouse que o ph do solo e auga era inferior a 3, co que soamente se poderían desenvolver algunhas arqueobacterias, xa que, como exemplo, os peixes necestiarían un ph mínimo de 5. Esa era a razón principal desas vistas, e puxéronse a traballar.

O método elixido foi a utilización dos tecnosoles. Os tecnosoles son solos elaborados con residuos non tóxicos nin perigosos formulados de maneira que corrixen a acidez e melloran as condicións, provocando que a fauna e a flora se instalen sobre eles.

E este foi o resultado final, recuperando aproximadamente o 80% do terreo orixinal. Unha vez máis demóstrase o que lle interesa ao ser humano o medio ambiente comparado co beneficio económico.

imagen

Nesta ocasión conseguiuse reaccionar a tempo, pero non todo vai ser así. O ser humano desde que chegou ao mundo está destruíndo a natureza e  pagaremos as consecuencias. Cara que mundo nos encamiñamos?

Fonte: http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/minas-rio-tinto-touro-da-ejemplo-recuperacion-medioambiente/idEdicion-2010-07-14/idNoticia-569030/

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta