Entrevista ao copresidente do grupo III sobre Mitigación do IPCC

Úrsula Martínez do IES Valle – Inclán de Pontevedra e Álvaro Castro do IES de Arzúa, dous dos alumnos máis premiados e activos de Climántica, entrevistaron ao  doutor Pichs Madruga, presidente do grupo III do IPCC sobre Mitigación do cambio climático,presidente do grupo III do IPCC sobre Mitigación do cambio climático. A actividade enmarcouse no marco da reunión do IPCC  que se celebraron na sede da Fundación Barrié en Vigo entre os días 6 e 9 de novembro e desenvolvuse en paraelo con educaBarrié, a canle edcuativa da Fundación Barrié.

As preguntas, que vos poden ser úteis para mostrar nas aulas foron:

  • Cales serían as funcións e estruturas básicas do IPCC?
  • Poden ter interese as políticas actuais de cambio climático para atacar a crise económica actual global?
  • Se os países máis vulnerables ao cambio climático son os menos culpables, e o 25% da poboación está a consumir o 75% dos recursos, ¿cales serían as posibles solucións para intentar reequilibrar?
  • En que rexións do mundo haberá máis secas e inundacións? Poderán existir tamén rexións favorecidas?
  • Cales son os principais avances e frustracións dos cumios de Bali, Copenhague, Cancún e Durban?
  • Considera vostede que nesta loita fronte ao cambio climático, podemos atopar nós oportunidades profesionais?

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Produccións Climántica CCMC, Sen categorizar e etiquetada , . Garda o enlace permanente.