Un documental sobre a vida marina na Costa da Morte

Desde o IES de Soneira, nos deixan o documental “Lira, un mar de vida na Costa da Morte” obtivo o Premio do Público no I Green Up Film Festival. Este filme foi realizado en 2009 pola produtora SAGA TV e a Televisión de Galicia, e ten como protagonista a reserva mariña de Os Miñarzos, en Lira (Carnota) e as persoas que fixeron posible a recuperación do medio mariño tralo desastre do Prestige, do que se cumpren agora dez anos.

A produtora deste documental, en colaboración co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte,  tamén fixo outros traballos sobre a nosa comarca, que podes atopar na biblioteca do Instituto.

Se clicas aquí podes velo.

Esta entrada foi publicada en Recursos, Redes Climántica e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta