Os “climantiquiños” de Sobreira Valadares visitan “A Balea Negra”

Unha visita didáctica ou calquera outra exposición á Ciencia desde un contexto informal é moi enriquecedora. Uns dos blogs cos representante máis novos da Comunidade Climántica,  o de CEIP : Sobreira- Valadares comparten con nós a visita  á exposición «A Balea Negra» no museo MARCO de Vigo que trata algunhas cuestións do noso tempo como a explotación da Natureza, o comercio marítimo e a globalización a raiz do accidente do Prestige.

Damián Ortega Movimiento en falso (equilibrio y sostenibilidad  económica), 1999-2003  3 barrís de petróleo, base rotatoria con motor,  plataforma de madeira  Cortesía de Colección de Arte Contemporáneo,  Fundación “la Caixa”

 

O artista quiso facernos pensar no necesario que é o equilibrio na Natureza. A nosa monitora, MªJosé, fíxonos facer equilibrios co corpo para experimentar o difícil que é aguantar.

 

Antón Patiño  Costa da Morte, 1987  Técnica mixta sobre tea  Cortesía do artista

Dous inmensos cadros con código de cores que soupemos descubrir: verde-natureza, vermello-lume, negro-contaminación.
Esta instalación con aceite de motor usado fixo pensar aos rapaces na RRR
Marcela Armas Estanque, 2006  Tanque con agarradoira de coche flotando en aceite  queimado  Cortesía de Arróniz Arte Contemporáneo, México DF  Colaboración PMA-NUTRIGAS S. A.
En cada sala, despois da observación e explicación das pezas, gañaban unhas pequenas pezas de distintas formas e cores que, ao rematar a visita, utilizaron para facer máscaras no «laboratorio das artes».

 

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Produccións Climántica CCMC, Redes Climántica e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta