Reporteiros Climántica

educaBarrié convidou a Climántica a desenvolver unha actividade dos seus alumnos con científicos implicados na reunión do IPCC en Vigo do 6 ao 9 de novembro de 2012, da que xa vos falamos neste blog.

A actividade consistiu nas entrevistas co Co – presidente do grupo III do IPCC sobre Mitigación do cambio climático, o doutor Ramón Pichs Madruga e co organizador do encontro e membro dese mesmo grupo, o catedrático de Economía aplicada Xavier Labandeira, que participou no I Congreso Climántica sobre respostas educativas ao cambio climático que tivo lugar en Pontevedra en maio de 2010, no que disertou sobre a Economía na mitigación e na adaptación ao cambio climático. Os vídeos destas dúas entrevistas publicaranse proximamente en Climántica TV.

Os rapaces entrevistadores foron Álvaro Castro do IES Arzúa, autor de varios traballos premiados nas cinco edicións do congreso CLMNTK, e membro da delegación española no cumio internacional “Vamos a coidar do Planeta” que se celebrou en Brasilia en xuño 2010, e Úrsula Martínez do IES Valle-Inclán de Pontevedra, tamén premiada por traballos presentados nos dous últimos congresos de Climántica e presentadora no papel de Aire do V Congreso CLMNTK e do acto de presentación de traballos do primeiro campus internacional.

Coordinou á entrevista o director do Proxecto Climántica Francisco Sóñora .

En breve publicaremos os vídeos nestas páxinas.

Animade aos vosos alumnos a ser parte activa na loita contro o Cambio Climático!!

Esta entrada foi publicada en Axenda, Cambio climático, Produccións Climántica CCMC e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta