Unha vaca leiteira que non é unha vaca calquera

Os rapaces do IES Asorey voltan con forza ao su blog. Non vos perdades a serie de artigos que acaban de publicar.

Deixamos este que fai referencia a unha canción tradicional como mostra de como cun blog, un excelente profesor e nenos motivados se poden desenvolver actitudes e vocacións e romper a desconfianza inicial que se presenta nalgúns alumnos ante as Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

Esta vaca non da leite merengado..pero casi.

Un grupo de científicos de Nova Zelanda modificaron xenéticamene a vaca Daisy para conseguir que dea leite hipoalérxico.

Os problemas máis comúns no consumo do leite son a intolerancia á lactosa e a alerxía a unha da súas proteínas. Este proxecto centráse na segunda cuestión,  na disminución da proteína beta-lactoglobulina no leite que produce a vaca. Esta proteína encóntrase no leite vacún pero non no leite materna.

Ademáis, o leite de Daisy contén unha maior cantidade de caseína (outra proteína que estan presentes no leite do gando) o que a fai que sexa máis nutritivo co producido por unha vaca común.

O proceso levado a cabo é a interferencia de ARN, que reduce a actividade de centos de xenes pero sen chegar a eliminalos completamente. Como resultado disto, cando analizaron o leite de Daisy, este non mostrou niveis detectables da proteína beta-lactoglobulina. Os expertos suxiren que se pode empregar para controlar outras características do  gando.

No seguinte video dase máis información sobre as vantaxes do leite de Daisy, e a importancia da exportación dos productos ecolóxicos en Nova Zelanda.

Autora: Mariña Durán Rubí

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos, Produccións Climántica CCMC e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta